Encantounos visitar a "Biblioteca Pública Juan Compañel" de Vigo, É a nosa biblioteca de referencia. Cesar, o bibliotecario, explicounos moitas cousas dende o orixe desta biblioteca ao seu funcionamento. Gustounos moito ver libros en diferentes linguas, en braille... A sala con libros pop up é xenial!!! pero o que máis nos gustou foi o xogo de pistas,
domingo, 21 de octubre de 2018
viernes, 5 de octubre de 2018
Primeira sesión na horta escolar Curso 2018-2019
Comezamos, un ano máis as sesións da horta escolar con Rosa e Rolan. Limpamos o noso bancal de herbas, movemos a terra e sementamos canónigos. Finalmente regamos e comprometémonos a regar cando fose necesario. Xa estamos esperando para ver como crecen e probar a rica ensalada que imos facer.
domingo, 24 de junio de 2018
Rematamos o noso proxecto “Julio Verne en Vigo”
O día 12 de xuño rematamos, ao
fin, o noso proxecto “Julio Verne en Vigo”. Fomos a Meirande e ás illas de San
Simón e San Antón.
Saímos ás 9:00 do colexio e fomos
camiñando e cantando ata o Porto. No porto esperábanos Xabi, que era o monitor.
Collemos o barco e foi moi emocionante, sobre todo ao pasar debaixo da ponte de
Rande (pedimos un desexo). Chegamos a Meirande e alí aprendemos moitas cousas
da historia dos tesouros. Collemos de novo
barco e fomos ata San Simón e San Antón. Fixemos una visita ás illas con
Xabi, que nos explicou moitas cousas sobre a historia, as lendas…. Comemos no
barco fondeado na enseada e volvemos á illas para facer un xogo de pistas. Á
volta tivemos discoteca na cuberta do barco. Chegamos un pouco tarde ao
colexio, pero pagou a pena. PASÁMOLO XENIAL!!!
lunes, 18 de junio de 2018
Obradoiro de cociña coas mestras Marta e Filo
Os nenos e as nenas de 3º de primaria rematamos o curso cun obradoiro de cociña. Seguimos os pasos seguintes:
- Xogo de pistas polo patio do colexio ata localizar os anacos da receita e compoñer o crebacabezas.
- Escribir e aprender a receita.
- Fixemos a equivalencia das medidas para facer biscoito e medio.
- Elaboramos a receita.
- Comémola 😋
Os brownies estaban riquíiiiiisimos!!!
domingo, 10 de junio de 2018
O GATO CON BOTAS CONTADO CUN KAMISHIBAI
Esta semana tivemos a sorte de ter connosco a Cristina (nai de Marina). Gozamos moito co conto do "Gato con botas" contado cun kamishibai, arte tradicional de contar contos en Xapón.
Ademais de escoitar o conto, aprendimos cousas da cultura tradicional xaponesa que ela nos contou.
Arigato Cristina!!!
miércoles, 30 de mayo de 2018
Obradoiro de banda deseñada
O pasado venres recibimos a visita de Federico Fernández, un importante ilustrador entre outras cousas. Con el aprendemos como facer un cómic. Explicounos os distintos tipos de planos, de globos... as partes do cómic e o máis importante. como facer o guión gráfico para poder pasar unha historia creada por nós a cómic. Aprendemos e gozamos moitísimo, máis agora queda o importante: A elaboración do noso propio Cómic!!!
Moitas grazas Federico os /as nenos/as de terceiro comprometémonos a ter o cómic rematado antes de fináis de curso.
domingo, 20 de mayo de 2018
Obradoiro de instrumentos musicais antigos con Tere Santamaría
Este ano, como non podía ser menos, os/as nenos/as de terceiro de primaria celebramos O Día das Letras Galegas. O martes 15 de maio tivemos un magnífico obradoiro con Tere Santamaría.
As mestras explicáronnos que Tere é unha das mulleres importantes de Galicia. Forma parte do grupo de música folk Son de Seu, é actriz de dobraxe e ten moitos coñecementos sobre as tradicións musicais de Galicia.
Comezamos aprendendo como hai moitas cancións que foron pasando, oralmente, dunha xeración a outra. Mostrounos tamén como con case calquera cousa pódese facer música. Con latas, cunchas, culleres de pao, morteiro. tarrañolas (costelas de porco)... Aprendemos tamén a diferenza entre pandeira, pandeireta, pandeiro e mesmo o adufe que é de orixe portugués.
Finalmente cantamos algunhas cancións tradicionais que xa coñecíamos e outras que nos ensinou ela.
Pasámolo moi ben!!!
Moitas grazas Tere por compartir o teu coñecemento e amor pola música tradicional galega connosco.
viernes, 11 de mayo de 2018
XOGANDO A SER ARQUITECTOS
Onte fixemos un “obradoiro de
arquitectura” con María, a nai de Nicolás e Sofía. Explicounos
moitas cousas como que o traballo dun/dunha arquitecto/a non só consiste en deseñar edificios, senón que
tamén é necesario para ordenar as cidades.
Nós, que tiñamos moitas ganas de pasalo ben, puxémonos mans á obra e
comezamos a deseñar o noso propio edificio cunha caixa de zapatos e unhas
portas e ventás de diferentes formas e cores que nos trouxo María.
María trazou as rúas dunha cidade. Colocamos os nosos
edificios no lugar que máis nos gustaba e debuxamos a contorna (parques,
xardíns, piscinas...)
Cando a cidade estivo rematada, puxémoslle un nome. “A CIDADE DO FUTURO” deseñada por 3º A “A CIDADE DE CARTÓN” deseñada por 3º
B.
Pasámolo Xenial!!! Moitas grazas María por compartir o teu tempo connosco.
sábado, 5 de mayo de 2018
VISITAMOS A EXPOSICIÓN DE "JULIO VERNE" NO MARCO
O día dous visitamos a exposición de "Julio Verne" no MARCO. Seviunos para repasar as moitas cousas que aprendemos este curso sobre o autor e a súa obra e tamén para aprender cousas novas.
LECTURAS EN FAMILIA
Durante a Semana do Libro o alumnado de terceiro de primaria gozó, como non podía se doutro xeito, das lecturas c@s pais e nais, que puideron acercarse ás aulas para aportar o seu grao de area.
Queamos tod@s encantad@s coa súa colaboración, Moitas Grazas!!!
Queamos tod@s encantad@s coa súa colaboración, Moitas Grazas!!!
viernes, 20 de abril de 2018
RECICLAMOS E CREAMOS
Os nenos e as nenas de terceiro gozamos moito facendo uns collages, moi creativos, con cousas que tiñamos para reciclar. Se queredes ver a exposición completa podedes visitar o corredor das nosas aulas.
jueves, 12 de abril de 2018
Obradoiro con Teresa González Costa
Onte recibimos a visita da autora de "Fred Quincalla". Falamos do libro, de Fred, de como xurdiu a historia, dos personaxes e dos lugares que aparecen no libro, da importancia de ser diferente... Asinounos os libros cunha preciosa dedicatoria dentro dunha balea. Pasámolo Xenial!!!
jueves, 22 de marzo de 2018
21 de marzo "Día da Poesía"
Os nenos e as nenas de 3º celebramos o día da poesía e a chegada da primavera, ilustrando o conto poético de MARÍA VICTORIA MORENO.
Visitamos o Museo do Mar
Visitamos o Museo do Mar e gozamos moitísimo coa variedade de peixes e mariscosm que hai no acuario e que son todos autóctonos da Ría de Vigo. Tamén aprendemos moitas cousas sobre embarcacións tradicionais, bateas, e o que máis nos interesaba: os traxes de mergullo e o submarino de Sanjurjo Badía. Todo relacionado co noso proxecto "JULIO VERNE EN VIGO"
sábado, 24 de febrero de 2018
martes, 20 de febrero de 2018
Animación á lectura diante de Julio Verne
Hoxe fomos a unha actividade de animación á lectura, invitados polo Concello, con motivo da celebración do 150 aniversario da entrada do Nautiluus na Ría de Vigo. Unha avoíña relatounos cousas, que o seu avó lle contara, de Julio Verne e do Nautilus. O lugar elixido para a actividade foi o Naútico, diante da estatua de Julio Verne
viernes, 9 de febrero de 2018
Entroido 2018 no CEIP García Barbón, dedicado a Vigo
Este ano celebramos o Entroido, disfrazándonos de "mergulladores do Nautilus". Pasámolo moi ben. Veu ao desfile o alcalde, Abel Caballero. Todos os cursos fixeron disfraces moi bonitos. Parabéns a tod@s por representar, dalgún xeito, a nosa cidade.
martes, 6 de febrero de 2018
O Capitán Nemo nas aulas de 3º
Hoxe visitounos o Capitán Nemo. Aprendemos moitas cousas da vida nun submarino, de navegación antiga, de comunicacións... O Capitán Nemo quedou entusiasmado coa reprodución que fixemos do "Nautilus" así como do resto da decoración alusiva ao tema.
Coa visita de Nemo tod@s sentímonos como capitáns do "Nautilus"
jueves, 1 de febrero de 2018
Día Escolar pola Paz e a non Violencia
O día 30 de xaneiro, como cada ano, celebramos o Día da Paz cunha magnífica actuación preparada pola profe Fran.
viernes, 26 de enero de 2018
miércoles, 24 de enero de 2018
"20000 LEGUAS DE VIAXE SUBMARINO" NAS AULAS DE TERCEIRO
Mural realizado polo alumnado de 3º de E. Primaria
As portas das clases de terceiro, decoradas co tema do noso proxecto.
domingo, 17 de diciembre de 2017
OBRADOIRO DE HÁBITOS SAUDABLES
O pasado día 14 de decembro, nas
aulas de 3º de primaria, tivemos un obradoiro de “Hábitos Saudables”. As farmacéuticas Ana (nai de Lola) e Iria
contáronnos unha morea de cousas sobre a alimentación, o exercicio físico, as
posturas e a hixiene. Familiarizámonos co tema dos piollos e xurdiron moitas
preguntas. Agradecemos tanto a Ana coma a Iria que nos visitaran para ensinarnos
cousas tan interesantes e... como remate, agasalláronnos cunhas mochilas moi
bonitas. Pasámolo xenial !!!
martes, 12 de diciembre de 2017
sábado, 25 de noviembre de 2017
A HORA DO CÓDIGO
viernes, 17 de noviembre de 2017
Guillermina van der Kooy na clase de plástica
Outono VI
Na clase de plástica estamos a traballar as cores do outono tomando como referencia esta obra.
Para ver máis obras desta autora preme aquí
martes, 14 de noviembre de 2017
OS NOSOS CADERNOS DE BITÁCORA
Comezamos a lectura de "20.000 leguas de viaje submarino" elaborando o noso caderno de bitácora. Neste caso non anotamos incidencias de navegación senon da lectura.
Imos ao teatro
Esta mañá fomos ao teatro a ver "Rubicundo" obra de María Canosa, adaptada e representada por Teatro de Ghazafelhos
martes, 7 de noviembre de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


































