Onte fixemos un “obradoiro de
arquitectura” con María, a nai de Nicolás e Sofía. Explicounos
moitas cousas como que o traballo dun/dunha arquitecto/a non só consiste en deseñar edificios, senón que
tamén é necesario para ordenar as cidades.
Nós, que tiñamos moitas ganas de pasalo ben, puxémonos mans á obra e
comezamos a deseñar o noso propio edificio cunha caixa de zapatos e unhas
portas e ventás de diferentes formas e cores que nos trouxo María.
María trazou as rúas dunha cidade. Colocamos os nosos
edificios no lugar que máis nos gustaba e debuxamos a contorna (parques,
xardíns, piscinas...)
Cando a cidade estivo rematada, puxémoslle un nome. “A CIDADE DO FUTURO” deseñada por 3º A “A CIDADE DE CARTÓN” deseñada por 3º
B.
Pasámolo Xenial!!! Moitas grazas María por compartir o teu tempo connosco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario