domingo, 17 de diciembre de 2017

OBRADOIRO DE HÁBITOS SAUDABLES



O pasado día 14 de decembro, nas aulas de 3º de primaria, tivemos un obradoiro de “Hábitos Saudables”. As farmacéuticas Ana (nai de Lola) e Iria contáronnos unha morea de cousas sobre a alimentación, o exercicio físico, as posturas e a hixiene. Familiarizámonos co tema dos piollos e xurdiron moitas preguntas. Agradecemos tanto a Ana coma a Iria que nos visitaran para ensinarnos cousas tan interesantes e... como remate, agasalláronnos cunhas mochilas moi bonitas. Pasámolo xenial !!!


sábado, 25 de noviembre de 2017

A HORA DO CÓDIGO




Este ano tamén participamos na "Hora do Código" pois como di Steve Jobs:

“Everybody should learn how to program a computer…
because it teaches you how to think.”


viernes, 17 de noviembre de 2017

Guillermina van der Kooy na clase de plástica


Outono VI
Na clase de plástica estamos a traballar  as cores do outono tomando como referencia esta obra.
 Para ver máis obras desta autora preme aquí

martes, 14 de noviembre de 2017

OS NOSOS CADERNOS DE BITÁCORA


Comezamos a lectura de "20.000 leguas de viaje submarino" elaborando o noso caderno de bitácora. Neste caso non anotamos incidencias de navegación senon da lectura.

Imos ao teatro


Esta mañá fomos ao teatro a ver "Rubicundo" obra  de María Canosa, adaptada e representada por Teatro de Ghazafelhos

domingo, 25 de junio de 2017

Lucas e o Kamishibai

O Venres, para rematar o curso, tivemos unha sorpresa Lucas, un neno de 6º veu á clase a explicarnos que é o "kamishibai" invento xaponés que na nosa lingua significa"teatro de papel".
Presentounos un conto elaborado por el mesmo, tanto nos debuxos coma no texto "O Pingüín e o Boneco de Neve" e foi todo un éxito.
 Moitas grazas Lucas e moita sorte no instituto.

jueves, 15 de junio de 2017

viernes, 9 de junio de 2017

XOGANDO A SER CIENTÍFICOS

Hoxe visitáronnos tres científicas do IIM (instituto de investigacións mariñas). Explicáronnos por que se producen as mareas. Xa sabiamos algunhas cousas que inflúen nas mareas ( A Lúa, o vento...) pero o que non sabiamos é que tamén o sal e a temperatura inflúen nas mareas.
O mellor de todo foi o experimento no que vimos o que ocorre cando mesturamos auga con diferentes densidades de sal (como cando se mestura a auga do río Verdugo coa auga da ría de Vigo.
Encantounos esta experiencia!!!

miércoles, 7 de junio de 2017

XA SABEMOS COMO SE FAI UN COCHE!!!

Hoxe estivo na nosa clase Pablo Justo (pai de Antón). Explicounos como se fai un coche. Falounos tamén de CITROËN, a fábrica onde el traballa como enxeñeiro... Estivemos moi atentos e aprendimos moitas cousas. Grazas Pablo por compartir connosco o teu tempo.


CARAPUCHIÑA RAPERA

O venres día 2 de maio fomos ao teatro. Vimos a obra "CARAPUCHIÑA RAPERA" escrita, producida e representada polo alumnado de 6ºA. Gustounos moito. Parabéns!!!

jueves, 25 de mayo de 2017

PARABÉNS AINARA!!!


A nosa compañeira Ainara gaña o primeiro premio no "Concurso Literario" da escola. Parabéns!!!

miércoles, 17 de mayo de 2017

OBRADOIRO MUSICAL CON TERE SANTAMARÍA


Tere Santamaría (membro do grupo de folk SonDeSeu) introduce connosco a Semana das Letras galegas, achegándonos ao vocabulario dos instrumentos pobres usados tradicionalmente en Galicia.
Foi unha actividade magnífica pois non só aprendemos moitas cousas, senón que pasámolo moi ben cantando e bailando. 
Moitas grazas Tere por compartir a túa sabedoría e ofrecernos o teu tempo tan amablemente.
Se queredes ver máis, mirade o que a mestra Charo escribiu no blog de EDNL.


martes, 16 de mayo de 2017

Rematamos o traballo sobre Carlos Casares, facendo unha pequena aportación ao mural da entrada do colexio. O tema  foi, como non, sobre  "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas". Este libro foi traballado polo alumnado de 4º ao longo do curso.


miércoles, 10 de mayo de 2017

miércoles, 22 de marzo de 2017

A HORA DO CÓDIGO 2016

Do 5 ao 9 de decembro celebrouse a “Hora do Código” e como nas pasadas convocatorias tamén participamos. Acordamos facer unha sesión de aprendizaxe cooperativo con nenos de 4 anos. Cada un/unha de nós tiñamos un/unha amiguiñ@ da clase de pequenos e na aula de informática programamos xuntos con “Angry Bird”. Foi moi divertido!!!
Hora do código 2016 from Julia Pérez on Vimeo.