domingo, 28 de abril de 2019

A ANTÁRTIDA CONTINENTE EXTREMO

O pasado 26 de abril tivemos connosco a Luis Sampedro Científico da Misión Biolóxica do CESIC que dedica as súas investigacións a estudar a relación dos animais coas plantas.
Acaba de chegar da base española e contounos como transcurrira, alí, a súa vida e as súas investigacións en condicións extremas.
Contounos moitas cousas pero encantounos, sobre todo, o que nos contou dos animais, sobre todo dos pingüinos e da balea azul. Foi moi interesante!!! Ogallá cheguemos a ser algún/alguha de nós científico/a. Moitas grazas Luis. O alumnado de 4º de primaria do CEIP García Barbón, seguiremos as túas investigacións .

miércoles, 17 de abril de 2019

Aprendendo e gozando con Federico Fernández


O día 12 de abril tivemos a mellor despedida que puidemos ter antes das vacacións de Semana Santa. Fomos visitar unha exposición retrospectiva da obra de Federico Fernández. Nós xa coñecíamos a Federico, pois o curso pasado ensinounos a facer "banda deseñada" e gustounos tanto que este curso estabamos a repetir a experiencia facendo un cómic cooperativo. Cando estabamos rematando o guión gráfico e comezando a facer o cómic, as nosas mestras déronnos unha sorpresa:
Coñeceran pola prensa de que a exposición de Federico era a derradeira na sala o "Halcón Milenario" e decidiron ir vela. Tanto lles gustou que lle pediron a Federico, se era posible, levarnos a nós. Federico facendo gala da súa amabilidade non só nos recibiu, senón que nos explicou cantidade de cousas sobre as distintas técnicas que usaba. Coñecíamos moitos dos contos que ilustrara, máis non sabiamos que eran del. A partir de agora fixarémonos en quen ilustra os libros que lemos. Fomos uns auténtic@s privilexiad@s. Moitas grazas Federico!!! 


martes, 9 de abril de 2019

Obradoiro de Poesía


O día 5 de abril visitounos Antonio García Teijeiro foi o colofón ao traballo que levamos facendo durante todo o curso, tomando como referencia o seu libro "Paseniño, Paseniño" no que homenaxea a Rosa lía de Castro.
Falamos de poesía, recitamos poemas, límos os nosos poemas... e ao fin asinounos os nosos libros cunhas dedicatorias marabillosas. Foi unha experiencia xenial . Moitas grazas Antonio.