miércoles, 17 de abril de 2019

Aprendendo e gozando con Federico Fernández


O día 12 de abril tivemos a mellor despedida que puidemos ter antes das vacacións de Semana Santa. Fomos visitar unha exposición retrospectiva da obra de Federico Fernández. Nós xa coñecíamos a Federico, pois o curso pasado ensinounos a facer "banda deseñada" e gustounos tanto que este curso estabamos a repetir a experiencia facendo un cómic cooperativo. Cando estabamos rematando o guión gráfico e comezando a facer o cómic, as nosas mestras déronnos unha sorpresa:
Coñeceran pola prensa de que a exposición de Federico era a derradeira na sala o "Halcón Milenario" e decidiron ir vela. Tanto lles gustou que lle pediron a Federico, se era posible, levarnos a nós. Federico facendo gala da súa amabilidade non só nos recibiu, senón que nos explicou cantidade de cousas sobre as distintas técnicas que usaba. Coñecíamos moitos dos contos que ilustrara, máis non sabiamos que eran del. A partir de agora fixarémonos en quen ilustra os libros que lemos. Fomos uns auténtic@s privilexiad@s. Moitas grazas Federico!!! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario