O pasado día 14 de decembro, nas
aulas de 3º de primaria, tivemos un obradoiro de “Hábitos Saudables”. As farmacéuticas Ana (nai de Lola) e Iria
contáronnos unha morea de cousas sobre a alimentación, o exercicio físico, as
posturas e a hixiene. Familiarizámonos co tema dos piollos e xurdiron moitas
preguntas. Agradecemos tanto a Ana coma a Iria que nos visitaran para ensinarnos
cousas tan interesantes e... como remate, agasalláronnos cunhas mochilas moi
bonitas. Pasámolo xenial !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario