domingo, 20 de mayo de 2018

Obradoiro de instrumentos musicais antigos con Tere Santamaría



Este ano, como non podía ser menos, os/as nenos/as de terceiro de primaria celebramos O Día das Letras Galegas. O martes 15 de maio tivemos un magnífico obradoiro con Tere Santamaría. 
As mestras explicáronnos que Tere é unha das mulleres importantes de Galicia. Forma parte do grupo de música folk Son de Seu, é actriz de dobraxe e ten moitos coñecementos sobre as tradicións musicais de Galicia.
Comezamos aprendendo como hai moitas cancións que foron pasando, oralmente, dunha xeración a outra. Mostrounos tamén como con case calquera cousa pódese facer música. Con latas, cunchas, culleres de pao, morteiro. tarrañolas (costelas de porco)... Aprendemos tamén a diferenza entre pandeira, pandeireta, pandeiro e mesmo o adufe que é de orixe portugués.
Finalmente cantamos algunhas cancións tradicionais que xa coñecíamos e outras que nos ensinou ela.
Pasámolo moi ben!!!
Moitas grazas Tere por compartir o teu coñecemento e amor pola música tradicional galega connosco.

viernes, 11 de mayo de 2018

XOGANDO A SER ARQUITECTOS


Onte fixemos un “obradoiro de arquitectura” con María, a nai de Nicolás e Sofía. Explicounos moitas cousas como que o traballo dun/dunha arquitecto/a  non só consiste en deseñar edificios, senón que tamén é necesario para ordenar as cidades.
Nós,  que tiñamos moitas ganas de pasalo ben, puxémonos mans á obra e comezamos a deseñar o noso propio edificio cunha caixa de zapatos e unhas portas e ventás de diferentes formas e cores que nos trouxo María.
María trazou as rúas dunha cidade. Colocamos os nosos edificios no lugar que máis nos gustaba e debuxamos a contorna (parques, xardíns, piscinas...)
Cando a cidade estivo rematada, puxémoslle un nome.  “A CIDADE DO FUTURO”  deseñada por 3º A  “A CIDADE DE CARTÓN” deseñada por 3º B.
Pasámolo Xenial!!! Moitas grazas María por compartir o teu tempo connosco.

sábado, 5 de mayo de 2018

VISITAMOS A EXPOSICIÓN DE "JULIO VERNE" NO MARCO

O día dous visitamos a exposición de "Julio Verne" no MARCO. Seviunos para repasar as moitas cousas que aprendemos este curso sobre o autor e a súa obra e tamén para aprender cousas novas.

LECTURAS EN FAMILIA

Durante a Semana do Libro o alumnado de terceiro de primaria gozó, como non podía se doutro xeito, das lecturas c@s pais e nais, que puideron acercarse ás aulas para aportar o seu grao de area.
Queamos tod@s encantad@s coa súa colaboración, Moitas Grazas!!!

viernes, 20 de abril de 2018

RECICLAMOS E CREAMOS


Os nenos e as nenas de terceiro gozamos moito facendo uns collages, moi creativos, con cousas que tiñamos para reciclar. Se queredes ver a exposición completa podedes visitar o corredor das nosas aulas.

jueves, 12 de abril de 2018

Obradoiro con Teresa González Costa

Onte recibimos a visita da autora de "Fred Quincalla". Falamos do libro, de Fred, de como xurdiu a historia, dos personaxes e dos lugares que aparecen no libro, da importancia de ser diferente... Asinounos os libros cunha preciosa dedicatoria dentro dunha balea. Pasámolo Xenial!!!

jueves, 22 de marzo de 2018

21 de marzo "Día da Poesía"


Os nenos e as nenas de 3º celebramos o día da poesía e a chegada da primavera,   ilustrando o conto poético de MARÍA VICTORIA MORENO.

Visitamos o Museo do Mar



Visitamos o Museo do Mar e gozamos moitísimo coa variedade de peixes e mariscosm  que hai no acuario e que son todos autóctonos da Ría de Vigo. Tamén aprendemos moitas cousas sobre embarcacións tradicionais, bateas, e o que máis nos interesaba: os traxes de mergullo e o submarino de Sanjurjo Badía. Todo relacionado co noso proxecto "JULIO VERNE EN VIGO"

sábado, 24 de febrero de 2018

martes, 20 de febrero de 2018

Animación á lectura diante de Julio Verne


Hoxe fomos a unha actividade de animación á lectura, invitados polo Concello, con motivo da celebración do 150 aniversario da entrada do Nautiluus na Ría de Vigo. Unha avoíña relatounos cousas, que o seu avó lle contara, de Julio Verne e do Nautilus. O lugar elixido para a  actividade foi o Naútico, diante da estatua de Julio Verne

viernes, 9 de febrero de 2018

Entroido 2018 no CEIP García Barbón, dedicado a Vigo

Este ano celebramos o Entroido, disfrazándonos de "mergulladores do Nautilus". Pasámolo moi ben. Veu ao desfile o alcalde, Abel Caballero. Todos os cursos fixeron disfraces moi bonitos. Parabéns a tod@s por representar, dalgún xeito, a nosa cidade.

martes, 6 de febrero de 2018

O Capitán Nemo nas aulas de 3º




Hoxe visitounos o Capitán Nemo. Aprendemos moitas cousas da vida nun submarino, de navegación antiga, de comunicacións... O Capitán Nemo quedou entusiasmado coa reprodución que fixemos do "Nautilus" así como do resto da decoración alusiva ao tema.
Coa visita de Nemo tod@s sentímonos como capitáns do "Nautilus"



jueves, 1 de febrero de 2018

Día Escolar pola Paz e a non Violencia

O día 30 de xaneiro, como cada ano, celebramos o Día da Paz cunha magnífica actuación preparada pola profe Fran. 

miércoles, 24 de enero de 2018

"20000 LEGUAS DE VIAXE SUBMARINO" NAS AULAS DE TERCEIRO




Mural realizado polo alumnado de 3º de E. Primaria


As portas das clases de terceiro, decoradas co tema do noso proxecto.

domingo, 17 de diciembre de 2017

OBRADOIRO DE HÁBITOS SAUDABLES



O pasado día 14 de decembro, nas aulas de 3º de primaria, tivemos un obradoiro de “Hábitos Saudables”. As farmacéuticas Ana (nai de Lola) e Iria contáronnos unha morea de cousas sobre a alimentación, o exercicio físico, as posturas e a hixiene. Familiarizámonos co tema dos piollos e xurdiron moitas preguntas. Agradecemos tanto a Ana coma a Iria que nos visitaran para ensinarnos cousas tan interesantes e... como remate, agasalláronnos cunhas mochilas moi bonitas. Pasámolo xenial !!!


sábado, 25 de noviembre de 2017

A HORA DO CÓDIGO




Este ano tamén participamos na "Hora do Código" pois como di Steve Jobs:

“Everybody should learn how to program a computer…
because it teaches you how to think.”


viernes, 17 de noviembre de 2017

Guillermina van der Kooy na clase de plástica


Outono VI
Na clase de plástica estamos a traballar  as cores do outono tomando como referencia esta obra.
 Para ver máis obras desta autora preme aquí

martes, 14 de noviembre de 2017

OS NOSOS CADERNOS DE BITÁCORA


Comezamos a lectura de "20.000 leguas de viaje submarino" elaborando o noso caderno de bitácora. Neste caso non anotamos incidencias de navegación senon da lectura.

Imos ao teatro


Esta mañá fomos ao teatro a ver "Rubicundo" obra  de María Canosa, adaptada e representada por Teatro de Ghazafelhos

domingo, 25 de junio de 2017

Lucas e o Kamishibai

O Venres, para rematar o curso, tivemos unha sorpresa Lucas, un neno de 6º veu á clase a explicarnos que é o "kamishibai" invento xaponés que na nosa lingua significa"teatro de papel".
Presentounos un conto elaborado por el mesmo, tanto nos debuxos coma no texto "O Pingüín e o Boneco de Neve" e foi todo un éxito.
 Moitas grazas Lucas e moita sorte no instituto.

jueves, 15 de junio de 2017

Robótica na aula

Este curso fixemos programación e robótica como parte da programación. Gustounos moito!!! 

viernes, 9 de junio de 2017

XOGANDO A SER CIENTÍFICOS

Hoxe visitáronnos tres científicas do IIM (instituto de investigacións mariñas). Explicáronnos por que se producen as mareas. Xa sabiamos algunhas cousas que inflúen nas mareas ( A Lúa, o vento...) pero o que non sabiamos é que tamén o sal e a temperatura inflúen nas mareas.
O mellor de todo foi o experimento no que vimos o que ocorre cando mesturamos auga con diferentes densidades de sal (como cando se mestura a auga do río Verdugo coa auga da ría de Vigo.
Encantounos esta experiencia!!!

miércoles, 7 de junio de 2017

XA SABEMOS COMO SE FAI UN COCHE!!!

Hoxe estivo na nosa clase Pablo Justo (pai de Antón). Explicounos como se fai un coche. Falounos tamén de CITROËN, a fábrica onde el traballa como enxeñeiro... Estivemos moi atentos e aprendimos moitas cousas. Grazas Pablo por compartir connosco o teu tempo.