domingo, 28 de abril de 2019

A ANTÁRTIDA CONTINENTE EXTREMO

O pasado 26 de abril tivemos connosco a Luis Sampedro Científico da Misión Biolóxica do CESIC que dedica as súas investigacións a estudar a relación dos animais coas plantas.
Acaba de chegar da base española e contounos como transcurrira, alí, a súa vida e as súas investigacións en condicións extremas.
Contounos moitas cousas pero encantounos, sobre todo, o que nos contou dos animais, sobre todo dos pingüinos e da balea azul. Foi moi interesante!!! Ogallá cheguemos a ser algún/alguha de nós científico/a. Moitas grazas Luis. O alumnado de 4º de primaria do CEIP García Barbón, seguiremos as túas investigacións .

miércoles, 17 de abril de 2019

Aprendendo e gozando con Federico Fernández


O día 12 de abril tivemos a mellor despedida que puidemos ter antes das vacacións de Semana Santa. Fomos visitar unha exposición retrospectiva da obra de Federico Fernández. Nós xa coñecíamos a Federico, pois o curso pasado ensinounos a facer "banda deseñada" e gustounos tanto que este curso estabamos a repetir a experiencia facendo un cómic cooperativo. Cando estabamos rematando o guión gráfico e comezando a facer o cómic, as nosas mestras déronnos unha sorpresa:
Coñeceran pola prensa de que a exposición de Federico era a derradeira na sala o "Halcón Milenario" e decidiron ir vela. Tanto lles gustou que lle pediron a Federico, se era posible, levarnos a nós. Federico facendo gala da súa amabilidade non só nos recibiu, senón que nos explicou cantidade de cousas sobre as distintas técnicas que usaba. Coñecíamos moitos dos contos que ilustrara, máis non sabiamos que eran del. A partir de agora fixarémonos en quen ilustra os libros que lemos. Fomos uns auténtic@s privilexiad@s. Moitas grazas Federico!!! 


martes, 9 de abril de 2019

Obradoiro de Poesía


O día 5 de abril visitounos Antonio García Teijeiro foi o colofón ao traballo que levamos facendo durante todo o curso, tomando como referencia o seu libro "Paseniño, Paseniño" no que homenaxea a Rosa lía de Castro.
Falamos de poesía, recitamos poemas, límos os nosos poemas... e ao fin asinounos os nosos libros cunhas dedicatorias marabillosas. Foi unha experiencia xenial . Moitas grazas Antonio.

jueves, 31 de enero de 2019

RETO CUMPRIDO!!!

As/os nenas/os de 4º de E. primaria, cumprimos o reto, facendo 1000 grúas e grous para que, segundo unha lenda xaponesa, se cumpra o noso desexo:

  PAZ NO MUNDO

jueves, 22 de noviembre de 2018

Chega un ano máis a "Hora do Código"


Un ano máis o alumnado de 4º de E. Primaria participamos na "Hora do Código". Este evento internacional, que fai que o noso colexio estea no planisferio, se celebrará na semana do 3 ao 9 de decembro. Gozaremos un montón programando con estes xogos.

lunes, 29 de octubre de 2018

Inauguración da Biblioteca do Cole


Este curso inauguramos a biblioteca do cole coa mestra Enma. Pasámolo xenial!!! Fixemos un xogo de pistas por grupos e ao final conseguimos un código. Co código tivemos o noso premio: A Mochila Viaxeira e un marca páxinas para cada un de nós. Xa lle dixemos a Enma que para a próxima vez queriamos, de premio, comida saudable. Grazas Enma por esta fantástica actividade.

martes, 23 de octubre de 2018

Obradoiro de RCP con Paula

Hoxe tivemos un obradoiro de RCP (Recuperación Cardio Pulmonar) con Paula a nai de Daniela. Aprendemos moitas cousas, dende os pasos a seguir cando atopamos unha persoa inconsciente ata que é a postura lateral de seguridade ou como funciona un desfibrilador. O que máis claro nos quedou é que o número de emerxencias é o 112 e que antes de chamar temos que comprobar si a persoa está inconsciente ou durmida.
E, por suposto, encantounos facer masaxe cardíaco aos nosos peluches, pois ata os 14 anos non poderemos facelo a persoas xa que temos pouca forza.
Moitas grazas Paula por compartir o teu tempo connosco. Sempre recordaremos, en caso de emerxencia, que hai que facer.

domingo, 21 de octubre de 2018

Visita á "Biblioteca Pública Juan Compañel"


Encantounos visitar a  "Biblioteca Pública Juan Compañel" de Vigo, É a nosa biblioteca de referencia. Cesar, o bibliotecario, explicounos moitas cousas dende o orixe desta biblioteca ao seu funcionamento. Gustounos moito ver libros en diferentes linguas, en braille... A sala con libros pop up é xenial!!! pero o que máis nos gustou foi o xogo de pistas, 

viernes, 5 de octubre de 2018

Primeira sesión na horta escolar Curso 2018-2019

 Comezamos, un ano máis as sesións da horta escolar con Rosa e Rolan. Limpamos o noso bancal de herbas, movemos a terra e sementamos canónigos. Finalmente regamos e comprometémonos a regar cando fose necesario. Xa estamos esperando para ver como crecen e probar a rica ensalada que imos facer.