Hoxe tivemos un
obradoiro de RCP (Recuperación Cardio Pulmonar) con Paula a nai de
Daniela. Aprendemos moitas cousas, dende os pasos a seguir cando atopamos unha
persoa inconsciente ata que é a postura lateral de seguridade ou como funciona
un desfibrilador. O que máis claro nos quedou é que o número de emerxencias é o
112 e que antes de chamar temos que
comprobar si a persoa está inconsciente ou durmida.
E, por suposto,
encantounos facer masaxe cardíaco aos nosos peluches, pois ata os 14 anos non poderemos facelo a persoas xa que temos pouca forza.
Moitas grazas Paula por compartir o teu tempo connosco. Sempre recordaremos, en caso de
emerxencia, que hai que facer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario