viernes, 24 de junio de 2016

domingo, 5 de junio de 2016

UNHA MASTER CLASS DE COLLAGE

O pasado 31 de maio tivemos unha master class coa artista Elena Fernández de Prada (nai de Ignacio). Foi un taller moi interesante pois aprendimos que os collages poden ser abstractos ou figurativos, os tipos de texturas…
Elaboramos os nosos propios collages figurativos que son auténticas obras de arte. Premede en cada collage e veredes a obra en grande e quen a realizou. Premede  no nome da artista para visitar a páxina web e coñecer a súa obra.
MOITAS GRAZAS ELENA!!!

sábado, 4 de junio de 2016

Achegámonos a Asia con Cristina (nai de Antón)

Nun primeiro momento Cristina ensinounos como soaba a cunca tibetana de sete metais. Os lados e o borde da cunca vibran ao ser golpeados ou ao ser fregados en forma de percorrido cun mazo. Non se sabe moi ben a súa orixe pero son utilizadas polos monxes do Tíbet en distintas técnicas de meditación, relaxación...
Tamén explicounos que o Kamishibai, ou “teatro de papel”, é a arte tradicional xaponesa de contar historias, combinando o relato oral co uso de ilustracións realizadas sobre láminas de papel.  Estas son inseridas nun marco de madeira con portas. O narrador anuncia a súa chegada golpeando dous anacos de madeira unidos por unha corda. Despois abre as portas do teatro para mostrar as ilustracións que son removidas conforme se vai contando a historia.

MOITAS GRAZAS CRISTINA!!!



sábado, 21 de mayo de 2016

Gústanos a vida saudábel

Dende o día 23 ao 27 de maio, levarase a cabo a Semana da Froita Fresca. Todos os días teremos, de forma gratuíta, unha peza de froita fresca para tomar na hora do recreo. Facendo clic en cada unha das froitas, poderedes ver as propiedades e beneficios das mesmas.

 Ánimo e a gozar da comida sa!!!
 

lunes, 2 de mayo de 2016

OBRADOIRO DE MINERAIS

O venres día 29 de abril visitounos a enxeñeira de minas Elena Alonso, aínda que todos a coñecemos por Elena a nai de Ana.
Fixo connosco un obradoiro de minerais, no que aprendemos moitas cousas. Partindo das cousas que usamos a diario chegamos a saber que na natureza non só son importantes o reino animal e o vexetal senón tamén o mineral (auga; minerais e rochas ; petróleo e gas).
Mostrounos moitos minerais e ensinounos: que é un mineral, as propiedades dos minerais, de onde proceden os seus nomes, que é unha rocha...  e ao final moitas, moitas curiosidades.
Quedamos encantados con este obradoiro e agradecémoslle a Elena que fora tan paciente con nós e que nos agasallara cun anaco de pirita.

MOITAS GRAZAS ELENA!!!

domingo, 1 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016 MANUEL MARÍA

Aprendemos poemas de Manuel María a través dos traballos que fixo a profe Julia cos nenos e nenas de 6º de E. Infantil.


viernes, 8 de abril de 2016

martes, 17 de febrero de 2015

miércoles, 3 de diciembre de 2014

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Traballo realizado por Gabriel Varela Pérez, alumno de 4ºA do CEIP García Barbón de Vigo. Felicitámolo non só pola presentación senón tamén pola marabillosa exposición da mesma. Esperamos que sirva para concienciar sobre os dereitos das persoas con discapacidade e tomar conciencia de que son persoas coma nós e podemos ser un deles cando menos o esperemos.Se pinchades aquí poderedes ver un vídeo que é un exemplo de superación persoal.

domingo, 11 de mayo de 2014

Os/as nenos/as de 3º fomos ao teatro e gozamos moito coa obra do grupo Tanxarina
 “OS TROGLODITAS”