O venres día 29 de abril visitounos a enxeñeira de minas
Elena Alonso, aínda que todos a coñecemos por Elena a nai de Ana.
Fixo connosco un obradoiro de minerais, no que aprendemos
moitas cousas. Partindo das cousas que usamos a diario chegamos a saber que na
natureza non só son importantes o reino animal e o vexetal senón tamén o
mineral (auga; minerais e rochas ; petróleo e gas).
Mostrounos moitos minerais e ensinounos: que é un
mineral, as propiedades dos minerais, de onde proceden os seus nomes, que é unha
rocha... e ao final moitas, moitas
curiosidades.
Quedamos encantados con este obradoiro e agradecémoslle a
Elena que fora tan paciente con nós e que nos agasallara cun anaco de pirita.
MOITAS GRAZAS ELENA!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario