lunes, 2 de mayo de 2016

OBRADOIRO DE MINERAIS

O venres día 29 de abril visitounos a enxeñeira de minas Elena Alonso, aínda que todos a coñecemos por Elena a nai de Ana.
Fixo connosco un obradoiro de minerais, no que aprendemos moitas cousas. Partindo das cousas que usamos a diario chegamos a saber que na natureza non só son importantes o reino animal e o vexetal senón tamén o mineral (auga; minerais e rochas ; petróleo e gas).
Mostrounos moitos minerais e ensinounos: que é un mineral, as propiedades dos minerais, de onde proceden os seus nomes, que é unha rocha...  e ao final moitas, moitas curiosidades.
Quedamos encantados con este obradoiro e agradecémoslle a Elena que fora tan paciente con nós e que nos agasallara cun anaco de pirita.

MOITAS GRAZAS ELENA!!!

domingo, 1 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016 MANUEL MARÍA

Aprendemos poemas de Manuel María a través dos traballos que fixo a profe Julia cos nenos e nenas de 6º de E. Infantil.


viernes, 8 de abril de 2016

martes, 17 de febrero de 2015

miércoles, 3 de diciembre de 2014

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Traballo realizado por Gabriel Varela Pérez, alumno de 4ºA do CEIP García Barbón de Vigo. Felicitámolo non só pola presentación senón tamén pola marabillosa exposición da mesma. Esperamos que sirva para concienciar sobre os dereitos das persoas con discapacidade e tomar conciencia de que son persoas coma nós e podemos ser un deles cando menos o esperemos.Se pinchades aquí poderedes ver un vídeo que é un exemplo de superación persoal.

domingo, 11 de mayo de 2014

Os/as nenos/as de 3º fomos ao teatro e gozamos moito coa obra do grupo Tanxarina
 “OS TROGLODITAS”

viernes, 14 de marzo de 2014

Día Mundial da Poesía


     Cada 21 de marzo. co equinocio de primavera, celébrase o Día Mundial da Poesía.
   Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO di: «A poesía é unha das expresións máis puras da liberdade da lingua. É un elemento constitutivo da identidade dos pobos; encarna a enerxía creativa da cultura na súa facultade de renovarse sen cesar.»
    Nós queremos   homenaxear  a escritora galega,  Rosalía de Castro. O seguinte LIM  recita a poesía "Parece unha rosa" do seu libro "Cantares Gallegos"
     Agradecemos á profe Julia que  elaborase e compartise esta acividade tan bonita.