Aínda que traballamos en precario, aí tedes unha mostra das nosas aptitudes interpretativas. Esperamos que gocedes con elas. Non esquezades visitar tamén a "web do proxecto alimentación saúdable: o almorzo" que está a continuación dos vídeos e onde poderedes ver algunhas das cousas importantes que fixemos ambos os dous cuartos.
Feliz Verán para tod@s!!!sábado, 22 de junio de 2019
viernes, 21 de junio de 2019
domingo, 28 de abril de 2019
A ANTÁRTIDA CONTINENTE EXTREMO
O pasado 26 de abril tivemos connosco a Luis Sampedro Científico da Misión Biolóxica do CESIC que dedica as súas investigacións a estudar a relación dos animais coas plantas.
Acaba de chegar da base española e contounos como transcurrira, alí, a súa vida e as súas investigacións en condicións extremas.
Contounos moitas cousas pero encantounos, sobre todo, o que nos contou dos animais, sobre todo dos pingüinos e da balea azul. Foi moi interesante!!! Ogallá cheguemos a ser algún/alguha de nós científico/a. Moitas grazas Luis. O alumnado de 4º de primaria do CEIP García Barbón, seguiremos as túas investigacións .
miércoles, 17 de abril de 2019
Aprendendo e gozando con Federico Fernández
O día 12 de abril tivemos a mellor despedida que puidemos
ter antes das vacacións de Semana Santa. Fomos visitar unha exposición
retrospectiva da obra de Federico Fernández. Nós xa
coñecíamos a Federico, pois o curso pasado ensinounos a facer "banda
deseñada" e gustounos tanto que este curso estabamos a repetir a
experiencia facendo un cómic cooperativo. Cando estabamos rematando o guión
gráfico e comezando a facer o cómic, as nosas mestras déronnos unha sorpresa:
Coñeceran pola prensa de que a exposición de
Federico era a derradeira na sala o "Halcón Milenario" e decidiron ir
vela. Tanto lles gustou que lle pediron a Federico, se era posible, levarnos a
nós. Federico facendo gala da súa amabilidade non só nos recibiu, senón que nos
explicou cantidade de cousas sobre as distintas técnicas que usaba. Coñecíamos
moitos dos contos que ilustrara, máis non sabiamos que eran del. A partir de
agora fixarémonos en quen ilustra os libros que lemos. Fomos uns
auténtic@s privilexiad@s. Moitas grazas Federico!!!
martes, 9 de abril de 2019
Obradoiro de Poesía
O día 5 de abril visitounos Antonio García Teijeiro foi o colofón ao traballo que levamos facendo durante todo o curso, tomando como referencia o seu libro "Paseniño, Paseniño" no que homenaxea a Rosa lía de Castro.
Falamos de poesía, recitamos poemas, límos os nosos poemas... e ao fin asinounos os nosos libros cunhas dedicatorias marabillosas. Foi unha experiencia xenial . Moitas grazas Antonio.
jueves, 7 de marzo de 2019
jueves, 31 de enero de 2019
RETO CUMPRIDO!!!
As/os nenas/os de 4º de E. primaria, cumprimos o reto, facendo 1000 grúas e grous para que, segundo unha lenda xaponesa, se cumpra o noso desexo:
PAZ NO MUNDO
martes, 29 de enero de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)