Comezamos a lectura de "20.000 leguas de viaje submarino" elaborando o noso caderno de bitácora. Neste caso non anotamos incidencias de navegación senon da lectura.
O Venres, para rematar o curso, tivemos unha sorpresa Lucas, un neno de 6º veu á clase a explicarnos que é o "kamishibai" invento xaponés que na nosa lingua significa"teatro de papel".
Presentounos un conto elaborado por el mesmo, tanto nos debuxos coma no texto "O Pingüín e o Boneco de Neve" e foi todo un éxito.
Moitas grazas Lucas e moita sorte no instituto.
Hoxe visitáronnos tres científicas do IIM (instituto de investigacións mariñas). Explicáronnos por que se producen as mareas. Xa sabiamos algunhas cousas que inflúen nas mareas ( A Lúa, o vento...) pero o que non sabiamos é que tamén o sal e a temperatura inflúen nas mareas.
O mellor de todo foi o experimento no que vimos o que ocorre cando mesturamos auga con diferentes densidades de sal (como cando se mestura a auga do río Verdugo coa auga da ría de Vigo.
Hoxe estivo na nosa clase Pablo Justo (pai de Antón). Explicounos como se fai un coche. Falounos tamén de CITROËN, a fábrica onde el traballa como enxeñeiro... Estivemos moi atentos e aprendimos moitas cousas. Grazas Pablo por compartir connosco o teu tempo.
O venres día 2 de maio fomos ao teatro. Vimos a obra "CARAPUCHIÑA RAPERA" escrita, producida e representada polo alumnado de 6ºA. Gustounos moito. Parabéns!!!
Tere Santamaría (membro
do grupo de folk SonDeSeu) introduce connosco a Semana das Letras galegas,
achegándonos ao vocabulario dos instrumentos pobres usados tradicionalmente en
Galicia.
Foi unha
actividade magnífica pois non só aprendemos moitas cousas, senón que pasámolo
moi ben cantando e bailando.
Moitas
grazas Tere por compartir a túa sabedoría e ofrecernos o teu tempo tan
amablemente. Se queredes ver máis, mirade o que a mestra Charo escribiu no blog de EDNL.
martes, 16 de mayo de 2017
Rematamos o traballo sobre Carlos Casares, facendo unha pequena aportación ao mural da entrada do colexio. O tema foi, como non, sobre "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas". Este libro foi traballado polo alumnado de 4º ao longo do curso.
Do 5 ao 9 de decembro celebrouse a “Hora do Código” e como nas pasadas convocatorias tamén participamos. Acordamos facer unha sesión de aprendizaxe cooperativo con nenos de 4 anos. Cada un/unha de nós tiñamos un/unha amiguiñ@ da clase de pequenos e na aula de informática programamos xuntos con “Angry Bird”. Foi moi divertido!!!
Hora do código 2016 from Julia Pérez on Vimeo.
Hoxe o alumnado de 4º saímos no "Faro da Escola" pois hai uns días que visitamos as instalacións do "Faro de Vigo". Quedamos encantados coa visita pois non só aprendimos como se fai un xornal, senón que nos agasallaron con moitos regalos.
O pasado
31 de maio tivemos unha master class coa artista Elena Fernández de Prada (nai de Ignacio). Foi un taller moi
interesante pois aprendimos que os collages poden ser abstractos ou figurativos,
os tipos de texturas…
Elaboramos
os nosos propios collages figurativos que son auténticas obras de arte. Premede en cada collage e veredes a obra en grande e quen a realizou. Premede no nome da artistapara visitar a páxina web e coñecer a súa obra.
Nun primeiro momento Cristina ensinounos como soaba a cunca tibetana de sete metais. Os lados e o borde da cunca vibran ao ser golpeados ou ao ser fregados en forma de percorrido cun mazo. Non se sabe moi ben a súa orixe pero son utilizadas polos monxes do Tíbet en distintas técnicas de meditación, relaxación...
Tamén explicounos que o Kamishibai, ou “teatro de papel”, é a arte tradicional xaponesa de contar historias, combinando o relato oral co uso de ilustracións realizadas sobre láminas de papel. Estas son inseridas nun marco de madeira con portas. O narrador anuncia a súa chegada golpeando dous anacos de madeira unidos por unha corda. Despois abre as portas do teatro para mostrar as ilustracións que son removidas conforme se vai contando a historia.
Dende o día 23 ao 27 de maio, levarase a cabo a Semana da Froita Fresca. Todos os días teremos, de forma gratuíta, unha peza de froita fresca para tomar na hora do recreo.Facendo clic en cada unha das froitas, poderedes ver as propiedades e beneficios das mesmas.