domingo, 24 de junio de 2018

Rematamos o noso proxecto “Julio Verne en Vigo”


O día 12 de xuño rematamos, ao fin, o noso proxecto “Julio Verne en Vigo”. Fomos a Meirande e ás illas de San Simón e San Antón.

Saímos ás 9:00 do colexio e fomos camiñando e cantando ata o Porto. No porto esperábanos Xabi, que era o monitor. Collemos o barco e foi moi emocionante, sobre todo ao pasar debaixo da ponte de Rande (pedimos un desexo). Chegamos a Meirande e alí aprendemos moitas cousas da historia dos tesouros. Collemos de novo  barco e fomos ata San Simón e San Antón. Fixemos una visita ás illas con Xabi, que nos explicou moitas cousas sobre a historia, as lendas…. Comemos no barco fondeado na enseada e volvemos á illas para facer un xogo de pistas. Á volta tivemos discoteca na cuberta do barco. Chegamos un pouco tarde ao colexio, pero pagou a pena. PASÁMOLO XENIAL!!!

lunes, 18 de junio de 2018

Obradoiro de cociña coas mestras Marta e Filo



Os nenos e as nenas de 3º de primaria rematamos o curso cun obradoiro de cociña. Seguimos os pasos seguintes:

  1. Xogo de pistas polo patio do colexio ata localizar os anacos da receita e compoñer o crebacabezas. 
  2. Escribir e aprender a receita.
  3. Fixemos a equivalencia das medidas para facer biscoito e medio.
  4. Elaboramos a receita.
  5. Comémola 😋
Os brownies estaban riquíiiiiisimos!!!

domingo, 10 de junio de 2018

O GATO CON BOTAS CONTADO CUN KAMISHIBAI


Esta semana tivemos a sorte de ter connosco a Cristina (nai de Marina). Gozamos moito co conto do "Gato con botas" contado cun kamishibai, arte tradicional de contar contos en Xapón.
Ademais de escoitar o conto, aprendimos cousas da cultura tradicional xaponesa que ela nos contou.
Arigato Cristina!!!