viernes, 24 de junio de 2016

domingo, 5 de junio de 2016

UNHA MASTER CLASS DE COLLAGE

O pasado 31 de maio tivemos unha master class coa artista Elena Fernández de Prada (nai de Ignacio). Foi un taller moi interesante pois aprendimos que os collages poden ser abstractos ou figurativos, os tipos de texturas…
Elaboramos os nosos propios collages figurativos que son auténticas obras de arte. Premede en cada collage e veredes a obra en grande e quen a realizou. Premede  no nome da artista para visitar páxina web e coñecer a súa obra.
MOITAS GRAZAS ELENA!!!

sábado, 4 de junio de 2016

Achegámonos a Asia con Cristina (nai de Antón)

Nun primeiro momento Cristina ensinounos como soaba a cunca tibetana de sete metais. Os lados e o borde da cunca vibran ao ser golpeados ou ao ser fregados en forma de percorrido cun mazo. Non se sabe moi ben a súa orixe pero son utilizadas polos monxes do Tíbet en distintas técnicas de meditación, relaxación...
Tamén explicounos que o Kamishibai, ou “teatro de papel”, é a arte tradicional xaponesa de contar historias, combinando o relato oral co uso de ilustracións realizadas sobre láminas de papel.  Estas son inseridas nun marco de madeira con portas. O narrador anuncia a súa chegada golpeando dous anacos de madeira unidos por unha corda. Despois abre as portas do teatro para mostrar as ilustracións que son removidas conforme se vai contando a historia.

MOITAS GRAZAS CRISTINA!!!